SanidadeÚltima hora

Valentín González Formoso visita a sede da AECC en Ourense

 

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, visitaba esta tarde a sede da Asociación Española contra o Cancro en Ourense. Nesta visita estaba acompañado de varios representantes do partido socialista a nivel municipal, autonómico e nacional: Rafael Rodríguez Villarino, Natalia González, Adolfo Pérez, Concha García, Rosa Martínez, Carmen Dacosta, Alberto Iglesias, Olalla Meiriño, Borja Trigás, Marga Martín, Marina Ortega, Jose Ramón Fernández, Carlos Montero. Os seus cargos repártense entre o grupo municipal socialista do concello de Ourense, concelleiros do concello de Ourense, diputados autonómicos do PSOE por Ourense e diputados nacionales do PSOE por Ourense.

O pasado ano, a AECC en Ourense estreou unha nova sede provincial situada na rúa doutor Marañón, 21 – baixo, polo que Valentín González Formoso mostrou o seu interese en poder coñecela e tamén presentarse ante a xunta directiva da asociación en Ourense.

A visita comezaba pasadas ás 18:00 horas, coa presenza por parte da asociación tanto do presidente da xunta directiva, Germán Rodríguez-Saá López, como da vicepresidenta, Olga Mojón Costela. O novo secretario xeral tamén tivo a oportunidade de coñecer e falar con varios profesionais da asociación.

“O obxectivo principal da visita era poñer en común o plan estratéxico da asociación en Ourense no ano 2022, onde a misión é dar apoio e acompañamento aos pacientes e as súas familias, traballando á vez na redución do número de casos a través dos programas de prevención, levando a cabo actividades, campañas e promovendo hábitos de vida saudables”, explican dende a AECC en Ourense, comentando tamén que o líder dos socialistas galegos “comprendeu os esforzos realizados pola asociación para mostrar a realidade do cancro en Ourense, detectando áreas de mellora e poñendo en marcha un proceso de transformación social. Tamén integrando a pacientes, a familiares, a voluntarios/as e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar ás persoas afectadas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button