Galerías de fotosÚltima hora

Vales (O Barco) celebra a festa do patrón, Santo Tirso

O grupo Ritmo foi o encargado de amenizar a sesión de tarde e verbena

Na xornada do sábado, 26 de xaneiro, a localidade barquense de Vales celebraba a festa na honra ao seu patrón, Santo Tirso, con sesión vermú e baile de tarde e verbena a cargo do grupo Ritmo.

Os asistentes puderon desfrutar dun día soleado e temperaturas agradables, aínda que “o canón de calor agradecíase nos momentos en que se paraba de bailar e ao rematar a verbena comezaba a chuviñar”, aseguran dende a comisión de festas, agradecendo a asistencia da xente e a colaboración de todos os comercios que os axudaron.

No decurso da sesión de tarde sorteáronse varios produtos cedidos polos colaboradores.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button