ConcellosÚltima hora

Vales para incentivar á hostalaría veiguesa no I Trail e Andaina Trevinca

comerveiga

 

No marco da celebración o 3 de abril do I Trail e Andaina Trevinca, correspondente ao II Campionato de Galicia de Trail, o  Concello da Veiga entregará aos inscritos na proba un vale por importe de 4 euros para consumir nos establecementos de hostalería do municipio durante a xornada.

Esta proba, incluída asemade no Circuíto de carreiras populares “Comparte Valdeorras”, contará con tres percorridos con distintos perfís, para adaptarse ás condicións de calquera persoa que queira participar: Trail Longo (21,3Km), Trail Curto (15,3Km) e Andaina (13,7Km).

A saída dos camiñantes darase ás dez da mañá dende a praza do Toural. Despois, ás once comezarán os dous percorridos de trail. A cota de inscrición é de 10,00€ ata o día 28 de marzo e de 15,00€ do 28 ao 31 de marzo. A inscrición inclúe: a bolsa do corredor e os avituallamentos (un deles sólido).
Para inscribirse e máis información:
http://www.carreirasgalegas.com/
maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es

 

Artigos relacionados

Back to top button