CulturaCulturaÚltima hora

Valle Inclán e Curros Enríquez nun proxecto teatral

Escola de Teatro Valle-Innova actuará mañá, 7 de agosto, en Celanova
Cartel da actividade teatral en Celanova.
Cartel da actividade teatral en Celanova.

A Escola de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán de Vilanova de Arousa, achegarase mañá 7 de agosto á vila ourensá de Celanova para representar a Curros Enríquez polas rúas da localidade, con visita teatralizada noctura á Casa dos Poetas.

As representacións, que se enmarcan dentro dun programa de colaboración entre as Fundacións Valle-Inclán e Curros Enríquez comezará a partires das 22h. e desenvolerase por distintos espazos da vila. A primeira parada será no Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova, onde o famoso poema da “Virxe do Cristal” de Curros será representado en clave visual polo grupo de teatro. Media hora máis tarde, na praza do Concello, unha performace poética do poema “Unha noite na eira do trigo” outro dos poemas clave de Curros Enríquez, verá a luz en modo coral.

Unha vez finalizada a dramatización, Valle-Innova percorrerá as rúas de Celanova ata chegar á Casa dos Poetas, nun pasarrúas acompañado dos espectadores con distintas pezas dramáticas. E así chegará o momento da visita guiada dramatizada pola casa-museo de Curros Enríquez, en torno ás 23h.

Para finalizar a velada, e como prato forte, os actores e actrices interpretarán distintos textos de Valle-Inclán nas estancias da Casa dos Poetas. Durante máis dunha hora ó público poderá disfrutar dunha primeira parte de monólogos e escenas dramáticas valleinclanianas, entre as cales se contará, de boca dun personaxe-guía, as similitudes entre as vidas de ambos mestres das letras nados en Galicia. Ao final do percorrido, xa na eira, cambiarase a clave intrerpretativa, polo humor e algunha sorpresa, na escena final na que participan tódolos personaxes.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button