ConcellosÚltima hora

Vandalismo no campo de fútbol da Rúa

Alguén cortou un anaco do céspede que despois deixou tirado no mesmo campo
Parte do céspede cortada.
Parte do céspede cortada.

Con esta imaxe do campo de fútbol do Aguillón na Rúa, se atopaban os veteranos ao ir adestrar. Alguén entrara nas instalacións municipais e tentara levar un anaco do céspede artificial. Parece incrible pero é real e na fotografía vese claramente como cortaron un rectángulo perfecto. Ignórase que pretendían facer con el, pero o certo é que non o levaron, non sabemos se porque pesaba moito ou porque cambiaron de idea.

Por sorte, a parte que cortaron estaba fóra da área de xogo.

A mesma imaxe tomada dende outro ángulo.
A mesma imaxe tomada dende outro ángulo.

Artigos relacionados

Back to top button