CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Variado e entrañable concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música do Barco

Numeroso público asistía á actuación celebrada na tarde do 18 de decembro no Teatro Lauro Olmo

 

Moi musical foi o comezo da programación navideña no concello do Barco de Valdeorras. Se na tarde do 17 de decembro era o Orfeón Valdeorrés quen daba o seu tradicional concerto de panxoliñas na igrexa de Santa Rita xunto aos alumnos de varios centros escolares, hoxe tocáballe o turno ao Conservatorio e á Escola de Música do Barco.

Na tarde do 18 de decembro, numeroso público asistía no Teatro Lauro Olmo, a un variado, títmico e entrañable concerto de Nadal. Malia que os temas navideños como Noche de Paz, A Belén vinde pastores ou Happy Christmas, centraron boa parte do repertorio, os estudantes tamén interpretaron outros de diferentes estilos como Every breath you take de Police, Hallelujah de Leonard Cohen ou Viva la vida de Coldplay, entre outros.

O festival comezaba ás oito da tarde e incluía unha gran diversidade de actuacións en canto a instrumentos e estilos musicais. Tocaron grupos de corda e vento, de música coral, o ensemble de saxofóns, unha orquestra e mesmo un conxunto de música tradicional.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button