EconomíaEconomíaÚltima hora

Varias asociacións de veciños das comarcas de Quiroga e Lemos recibirán axudas para obras e equipamento

Beneficiaranse seis entidades dos Concellos de Pantón, Sober, A Pobra do Brollón e Quiroga

Rúa Real de Quiroga. / Foto: cedida.

 

Seis asociacións das comarcas lucenses de Quiroga e Lemos beneficiaranse das axudas do Plan Específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais. Así o comunicou a Xunta de Galicia, que ven de informar esta semana ás entidades beneficiarias da convocatoria.

O investimento ascende ata os 76.300 euros para seis entidades dos concellos de Pantón, A Pobra do Brollón, Sober e Quiroga. Este último conta cun total de tres asociacións beneficiadas, sendo un dos municipios con maior representación no programa.

O 83% do orzamento estará destinado a obras de rehabilitación de inmobles e o resto a adquisición de equipamento. Entre as actuacións contempladas tamén figura a execución de obras de reparación e mellora de traídas veciñais de auga. Con estas liñas de subvencións, a Xunta de Galicia busca satisfacer as necesidades e demandas dos cidadáns así como fomentar o movemento veciñal.

Artigos relacionados

Back to top button