SanidadeÚltima hora

Varios colexios profesionais sanitarios de Ourense participan na homenaxe ás vítimas do coronavirus

O acto será o vindeiro martes, 28 de xullo, no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela

A xuntanza preparatoria do pasado 30 de xuño. / Foto: Facebook Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.

 

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela acollerá mañá, 28 de xullo, ás 11:00h, unha homenaxe ás vítimas do coronavirus. No acto participarán un total de 31 colexios e 17 profesionais da medicina, enfermería, odontoloxía, dietética, nutrición, psicoloxía, fisioterapia, veterinaria e podoloxía, entre outras.

Da provincia de Ourense acudirán o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, o Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense, o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, o Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Ourense e o Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense.

O acto estará conducido polo periodista Eduardo Herrero e consistirá nunha ceremonia solemne e austera na que un representante de cada colexio leerá un manifesto lembrando ás vítimas e a repercusión da pandemia para os profesionais e a sociedade. A homenaxe pecharase con dúas pezas musicais a cargo da soprano, Laura Alonso, e do pianista, Javier Ares.

A iniciativa provénn do Consello Galego de Colexios Médicos e contou co respaldo absoluto dos colexios profesionais sanitarios de Galicia, que participaron nunha xuntanza preparatoria o pasado 30 de xuño na que tamén se sumaron os colexios de biólogos e químicos.  É a primeira vez que todas estas institucións se unen para realizar un acto en común.

 

Cartel da ceremonia. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button