EconomíaEconomíaÚltima hora

Varios concellos de Ourense recibirán axudas para desenvolver ás súas Áreas de Rehabilitación Integral

Os beneficiados son Castro Caldelas, Ourense, Ribadavia e Vilar de Santos

Imaxe de arquivo dunha feira en Castro Caldelas. / Foto: Cedida.

 

Os concellos de Castro Caldelas, Ourense, Ribadavia e Vilar de Santos beneficiaranse das axudas da Xunta de Galicia para recuperar as súas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). Estes incentivos poderán ser empregados polos gobernos municipais para proxectos de urbanización e reurbanización así como polos propietarios individuais e vivendas emprazadas na zona contemplada.

Unha vez que o Instituto Galego de Vivenda e Solo comunique esta decisión, os Concellos deberán trasladarlle as actuacións previstas coa documentación acreditativa e serán os encargados de regular os prazos para a presentación de solicitudes de propietarios. No caso de dispoñer de máis dunha ARI, será o Concello quen realice o reparto de fondos pertinente. Os importes das axudas oscilan entre os 48.400€ para Castro Caldelas e Vilar de Santos, os 157.300€ para Ribadavia e os 332.750€ que recibirá Ourense.

Outros 13 concellos máis do resto de provincias galegas tamén recibirán esta axuda. Na Coruña beneficiaranse Betanzos, Corcubión, Ferrol, Noia, Rianxo e Santiago de Compostela; en Lugo, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Sober e en Pontevedra, Tui, Vigo e a propia cidade de Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button
Close