EconomíaEconomíaÚltima hora

Varios establecementos hostaleiros do Barco incorpóranse á apertura das terrazas

 

Unha parte do sector hostaleiro do Barco de Valdeorras abría as terrazas ao público na xornada do pasado luns 11 de maio, no marco da entrada en vigor da Fase I da desescalada. Facíano seguindo as medidas establecidas polo Goberno central, unha serie de restriccións e medidas para evitar o posible contaxio do Covid-19 (a principal a distancia entre as mesas), en zonas como o paseo do Malecón ou a praza José Otero.

Outros moitos locais permanecían pechados. Algúns pedían “unha reapertura viable economicamente e con garantías” e outros van pouco a pouco incorporándose a actividade, coa apertura das súas terrazas, en pleno centro da vila. Hai ganas de terraza e coas temperaturas, de novo á alza, e ás portas da fin de semana, na tarde deste venres 15 de maio xa se vía a xente desfrutando deste servizo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button