OurenseÚltima hora

Varios podios para a Escola Atlética Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar nos eventos desta fin de semana en Ourense

Participaron no Xogando ao Atletismo, na entrega de premios de Correndo por Ourense (ambos en Sportur) e na XLIII Carreira do San Martiño

Deportistas da Escola Atlética Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar. /Foto cedida.

 

Con máis de 50 atletas, a representacion da Escola Atlética Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar nos eventos da pasada fin de semena, foi máis que destacada.

No programa Xogando ao Atletismo celebrado en Sportur Galicia (Expourense) tres equipos mixtos desfrutaron dunha actividade que “debería continuar no tempo”, en palabras do presidente do club Germán González Sánchez. Tamén no salón de deporte e turismo tiña lugar a entrega de premios do circuíto Correndo por Ourense, subindo ao máis alto do podio Naroa Pereira (sub12), Sandra Pérez (sub 14) e Álex González subcampión (sub 18).

 

Os premiados do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense./ Foto cedida.

 

Na carreira do San Martiño foron máis de 30 os participantes da escola nas categorías menores, acadando bos resultados como o 1º posto de Naroa Pereira Tesouro na categoría sub12, o 5º de Uxía López, o 6º Ainoha Rodríguez, o 8º de Sandra Pérez e 10º de Daniel Carid, nas súas respectivas categorías. Tamén destaca o primeiro posto de Lara López, na carreira inclusiva aínda que non era competitiva.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close