DeportesÚltima hora

Varios podios para o Peña Trevinca Barco antes do parón estival no campionato galego de orientación a pé

Mailén Aller Pfirter vencía en F12 e Remedios Durán Pernas en F50

Mailén Aller Pfirter, no Campionato Ibérico de Orientación 2019. /Foto cedida.

Coa chegada do verán moitas disciplinas deportivas van rematando a tempada ou nalgúns casos, facendo paróns para regresar preto do outono. É o caso do Campionato Galego de Orientación a Pé que non reanudará a competición ata o 14 de setembro coa proba organizada polo Club Ártabros. 

A cuarta e última proba do campionato antes das vacacións estivais, celebrábase o pasado sábado 15 de xuño nas inmediacións do areal de Barra (Cangas do Morrazo, Pontevedra), sobre un mapa que engadiu dificultade física á proba. Unha proba na que os orientadores do Club Peña Trevinca Barco volveron destacar, con varios postos entre os cinco primeiros clasificados en diferentes categorías.

Especialmente destacadas foron as vitorias de Mailén Aller Pfirter en F12 e de Remedios Durán Pernas en F50, pero tamén ocupou posto de podio Israel Agudo Calvelo en M14. Ademais, na categoría non oficial de iniciación curta, os tres primeiros postos foron para o club valdeorrés con María Agudo Calvelo, Sabela Agudo Calvelo e Marta Agudo Calvelo.

Artigos relacionados

Back to top button