Andainas-Trails-OrientaciónDeportes

Varios podios para o Peña Trevinca Barco nunha xornada de orientación marcada polo frío e a chuvia

O campionato galego de orientación de distancia longa celebrábase en Oia (Pontevedra)

 

Na mañá do sábado 12 de marzo disputábase na localidade pontevedresa de Oia, o campionato galego de orientación de distancia longa que contou cunha boa representación por parte do Peña Trevinca Barco.

En canto aos resultados, na carreira marcada polo fío e a chuvia destacaban o segundo posto de Martina Aller en F-12, o terceiro de Mailén Aller en F-18, o segundo de Iago Trigo en M-18 e o quinto de Iván Ramos en M-21A.

Ese mesmo día pola tarde tarde celebrábase a segunda proba da liga galega de sprint polo casco antigo de Vigo, onde destacaron as vitorias de Mailén Aller e Xan Trigo en F-18 e M-50, respectivamente, así como o  terceiro posto de Iván Ramos en M-21A.

Fotos: Teresa Bellón.

Artigos relacionados

Back to top button