EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Varios pregoeiros da Feira do Viño de Quiroga súmanse á campaña #Quedanacasa

Entre eles está Carlos Sobera, o pregoeiro da vindeira edición da mostra. Esta iniciativa partía da RTM Quiroga

O actor Pablo Chiapella, dando o pregón na pasada Feira do Viño de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

A RTM Quiroga continúa sumándose á campaña #Quedanacasa “para que todos colaboremos nesta loita quedándonos na casa e saíndo o mínimo posible. Primeiro foi solicitando a todos os veciños que nos enviaran unha foto sacada dende a ventá. Con estas fotos realizamos un vídeo de ánimo nestes momentos e de recordo cando todo isto pase”, comentan.

E agora, a través do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, varios dos pregoeiros da Feira do Viño de Quiroga quixeron sumarse a esta campaña “animándonos a quedar na casa”. Kiko Hernández, un dos colaboradores do programa Sálvame de Tele5, os actores Pablo Chiapella e Eva Isanta e a presentadora de Sálvame Carlota Corredera, fixéronnos chegar a súa mensaxe para todos os quirogueses e quiroguesas.

Nesta campaña a través de videos e audios telefónicos non faltou tampouco o pregoeiro deste ano, o polifacético Carlos Sobera.

“Mensaxes de boas intencións, de ánimo e de esperanza para todos os quirogueses de persoas que aínda que famosas polas súas profesións teñen que cumprir as obrigacións dun estado de alarma sanitaria e quedarse na casa como facemos nos. E que a pesar do tempo seguen recordando a Quiroga con agarimo”, segundo a RTM Quiroga.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button