PolíticaÚltima hora

Vázquez Barquero e Pachi Vázquez logran suficientes avais optar ás primarias

A proclamación definitiva dos candidatos a este proceso na cidade de Ourense será o 22 de novembro

Tras a reunión mantida na tarde do 18 de novembro, a Comisión Provincial de Garantías Electorais do PSdeG-PSOE de Ourense facía públicos os datos referidos aos avais reunidos polos precandidatos que finalmente poderán presentarse ás primarias das que sairá a persoa que liderará a lista do partido socialista na cidade nas vindeiras eleccións muncipais.

Así a citada comisión cifraba en 223 avais válidos os de José Angel Vázquez Barquero (que presentaba 242) e en 204 os de Pachi Vázquez (que presentaba 220). A proclamación definitiva dos candidatos será o sábado día 22 de novembro non sendo previsibles variacións.

José Ángel Vázquez, un dos precandidatos ás primarias socialistas en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
José Ángel Vázquez, un dos precandidatos ás primarias socialistas en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Pachi Vázquez tamén optará ás primarias do PSdeG na capital da provincia.
Pachi Vázquez tamén optará ás primarias do PSdeG na capital da provincia.

Pola súa banda, Javier Rey, o outro precandidato que pretendía optar ás primarias reunía á prensa na mañá do 18 de novembro e sinalaba que só lograba acadar 64 dos 107 avais requiridos para poder continuar no proceso das primarias no PSdeG en Ourense. Tamén apuntaba que o seu equipo non pedirá o voto para ningún dos outros candidatos pero si lles esixirán compromisos éticos a ambos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close