CulturaCulturaenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

“Veciñanza” de Iván Prieto, epílogo do 2º enBarcArte

Poderá verse ata o 7 de outubro na praza Maior do Barco. O resto de instalacións, agás a permanente, xa foron retiradas

 

Despois de case un mes intervindo artisticamente o espazo urbano do Barco e convivindo cos seus veciños, entre o 30 de setembro e o 1 de outubro procedíase á retirada das instalacións do 2º Festival enBarcArte. Eran un total de nove, oito delas no exterior.

Delas, unha adquiría carácter permanente nesta edición, a de “Vieiros” de Jorge Barredo, que a partires de agora formará parte do entorno do Paseo do Malecón.

 

Retirada da instalación “O universo da arte” de Raía, que estaba na praza do Príncipe./ Foto: Jorge Barredo.

 

Outra delas, “Veciñanza” de Iván Prieto, situada en varios balcóns de casas da praza Maior, poderá aínda verse ata o 7 de setembro, data na que será retirada por este artista barquense.

Fotos da galería: Jorge Barredo, agás as tres últimas que son de Ángeles Rodríguez.

 

Imaxe de “Eco-Folie”, cando se estaba procedendo á súa desmontaxe, na praza do Concello./ Foto: Jorge Barredo.

 

A mesma instalación, case retirada./ Foto: Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button