ConcellosO BarcoÚltima hora

Veciños da avenida da Deputación do Barco piden que se limpe a maleza dun solar próximo

 

Veciños da avenida da Deputación do Barco veñen de amosar o seu malestar pola situación dun solar próximo, con maleza. Aseguran que a falta de limpeza do lugar leva a que nel “haxa animais como ratas, culebras” e mesmo din que teñen visto “algún xabarín”.

Ante esta situación os veciños aseguran que presentaron un escrito no Concello do Barco solicitando que se proceda á limpeza deste solar.

Dende o Concello do Barco informan de que non lles consta que se teña presentado no rexistro ningún escrito deste tipo e lembran que a obrigatoriedade de limpeza dos solares correspóndelle aos seus propietarios e o Concello así llo fai saber. Tamén indican que se se incumpre esa obriga, pódese iniciar un expediente sancionador, que implica unha serie de prazos, polo que poden pasar meses ata que se faga efectivo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button