A RúaConcellosÚltima hora

Veciños da parroquia de Santo Estevo, na Rúa, participarán no proxecto “Alfombra Mundial do Xacobeo”

Os días 24 e 25 de xullo elaborarán unha alfombra na praza César cun deseño de Conti Miguel Ángel Laguna Villalobos, común en todas as localidades participantes

Veciños da parroquia de Santo Estevo durante a reunión do ano pasado cos representantes Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camino de Santiago. /Foto: Mónca G. Bellver.

 

O 8 de xuño do ano pasado, unha semana antes de decretarse o Estado de Alarma pola pandemia de coronavirus, o presidente e a secretaria da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel Ángel García Correa e Carmen Farto Pousada, presentaban aos veciños da Rúa o proxecto que levarán a cabo con motivo do Xacobeo 21-22, para poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela.

Un ano despois, acércase a data elixida: o 24 e 25 de xullo. Eses días, veciños da parroquia de Santo Estevo, a maioría se non todos, membros da asociación de alfombristas desta parroquia participarán nesa gran iniciativa mundial impulsada polos alfombristas.

 

Deseño que terá a alfombra na praza César Conti, na Rúa.

 

O proxecto, denominada “Alfombra Mundial do Xacobeo”, consistirá en elaborar unha alfombra propia nun lugar emblemático de cada unha das localidades integradas dentro da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, na que está A Rúa. O deseño, de Miguel Ángel Laguna Villalobos, será común en todas as localidades participantes, pero cada colectivo realizará a súa coa súa técnica, os seus materiais e o tamaño que elixa, indicando o nome do municipio e a distancia a Santiago de Compostela.

A asociación de A Rúa escolleu a praza César Conti para crear o seu tapiz floral adicado ao Camiño de Santiago, unindo así o seu talento ao resto de alfombristas de 250 cidades, 30 países, 5 continentes.

Artigos relacionados

Back to top button