ConcellosÚltima horaVídeos

Veciños de Arcos e Córgomo (Vilamartín) protagonizan un vídeo de ánimo dende o confinamento

 

Despois dun mes de confinamento por culpa do Covid-19, non sería de extrañar que o ánimo comezase a decaer. Por iso resultan máis necesarias que nunca as palabras e mensaxes de ánimo que nos lembren que “xuntos, podemos saír desta”.

E iso é precisamente o que fan un grupo de veciños de Arcos e Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) a través dun vídeo. Coa música do clip Quédate en tu casa como base, na proxección vanse intercalando imaxes do pobo de Arcos coas dos veciños que transmiten a súa propia mensaxe. Dende os andarines ata o párroco, amas de casa, sanitarios, cativos,… aseguran que “resistiremos e xuntos venceremos”, convidando a todos a “quedar na casa”, a mellor forma de evitar o contaxio e vencer ao coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button