OurenseÚltima hora

Veciños de Vilar de Barrio reclaman a revisión do trazado da Vía da Prata

Solicitan á Consellería de Cultura que pase polo albergue da estación de ferrocarril

A estación de Vilar de Barrio. / Foto: cedida.

 

As plataformas veciñais de Vilar de Bario, Maús, Borran e Arnuide, veñen de reclamar á Consellería de Cultura a revisión do trazado do Camiño de Santiago Vía da Prata. As asociacións solicitan que a ruta pase pola estación de ferrocarril do concello, actualmente sen paradas e que conta cun albergue de peregrinos de máis de 100 prazas.

Estévez cita documentos históricos que indican que o camiño orixinal coincidiría coa estrada OU-113. De ver cumpridas as súas reivindicacións, a Vía da Prata continuaría dende Ameá ata Río Cobo. Segundo o voceiro da plataforma, Xermán Estévez, “non é posible que dende un despacho cambien a historia e anulen a memoria de centos de residentes das aldeas e parroquias de Vilar de Barrio”.

A estación de ferrocarril foi restaurada polo Instituto Orensano de Desarrollo Económico para convertirse nun albergue de peregrinos. As instalacións contan con aparcamento, duchas, zona verde, cafetería e acceso á red WiFi. No mesmo proxecto, o organismo tamén rehabilitou as paradas de Vilavella, Baños de Molgas e Castrelo do Val, na mesma liña ferroviaria e tamén sen servizos.

Artigos relacionados

Back to top button