EconomíaEconomíaÚltima hora

O vehículo de ocasión enche Expourense esta fin de semana

O noveno Salón do Automóbil de Ocasión conta cunha oferta de máis de 400 vehículos de todas as marcas e con descontos entre 1.200 e 8.000 euros
A inauguración do Salón celebrouse na mañá de hoxe.

Dende hoxe, 27 de outubro, Expourense ofrece ata o domingo ás 20:00 horas unha ampla oferta de vehículos de ocasión, seminovos e quilometro cero. En total, 400 vehículos de todas as marcas e modelos que ofrecen e con descontos entre os 1.200 e os 8.000 euros. Asemade tamén se ofrece financiamento, seguros (co “a todo risco” de regalo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos, informan dende a organización. Estes son algún dos atractivos que presentan os concesionarios asociados a ACAUTO no noveno Salón do Automóbil de Ocasión.

O acto inaugural contou hoxe coa visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que quixo apoiar aos empresarios deste sector tan puxante na provincia. Durante a súa visita ao salón, o alcalde, guiado polo presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, estivo acompañado por outros membros do padroado de Expourense e autoridades locais, provincias e representantes de distintos colectivos de empresarios.

Todas as marcas presentes na provincia están representadas neste salón.

Logo dos datos acadados durante a fin de semana pasada, “con cifras semellantes aos de 2016”, apuntan dende a organización, os expositores mostran o seu optimismo e contan con pechar de aquí ó domingo a venda de numerosos vehículos, xa que presentan “unha oferta completa que resposta ás necesidades de todo tipo de público e con prezos especiais só para estes días”.

Polo que respecta á compra dun vehículo de ocasión, dende ACAUTO recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen “unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que estenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminovos (de 0 a 3 anos)”. Outra vantaxe é a xestión de documentación do proceso de compra-venda, do que se encarga o profesional. “Neste salón somos todas empresas fiables e solventes e iso ofrece moitas garantías para o comprador que sabe onde estamos se tivera algún problema ou dúbida co vehículo que merca”, explicou Ramón Seijas.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil durante esta fin de semana, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia.

O horario deste salón é venres 27 de outubro de 11:00 a 20:30 horas; sábados 28 de 10:00 a 20:30 horas, e domingo 29 de 11:00 a 20:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button