En portadaÚltima hora

A Veiga acolle o curso sobre turismo de natureza da USC

Preto de 40 persoas participan ata o 15 de xullo nas xornadas para informadores de oficinas de turismo e guías
O alcalde da Veiga, o profesor que impartirá o curso e o representante de Cetur, na presentación. /Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde da Veiga, o profesor que impartirá o curso e o representante de Cetur, na presentación. /Foto: Carlos G. Hervella.

Está homologado pola Axencia de Turismo de Galicia, é o primeiro destas características que se imparte fóra da Universidade e en verán, e tamén o primeiro monotemático. Son algunhas das peculiaridades do curso sobre turismo na natureza para informadores de oficinas de turismo e guias que arranca hoxe, luns 11 de xullo, no Toural da Veiga.

A presentación tiña lugar pola mañá, coa presenza do representante de Cetur (Centro de turismo da Universidade de Santiago de Compostela), do alcalde da Veiga, Juan Anta e do profesor da USC Valerià Paül, artífice do curso. No acto, o alcalde agradeceu ao profesor e tamén aos alumnos presentes, “non só facer estas xornadas senón crer no territorio e defender Trevinca, porque nós cremos firmemente que en Galicia, o gran referente do turismo de natureza debe ser Trevinca, debe ser o Concello da Veiga, pero sen xente como Valeriá e como vos que ides formar parte inexcusable cesa promoción e desa defensa do territorio, sería imposible”.

Os asitentes ao curso sobre turismo de natureza na Veiga. /Foto: Carlos G. Hervella.
Os asitentes ao curso sobre turismo de natureza na Veiga. /Foto: Carlos G. Hervella.

Valeriá, pola súa banda, fixo un triple agradecemento: ao equipo humano do Concello da Veiga, á Deputación de Ourense pola promoción e á USC e especialmente dúas estruturas (Cetur e Idega) que o axudaron a programar o curso.

As xornadas contan con preto de 40 inscritos e desenvolveranse ata o venres 15 de xullo en horario de mañá e tarde, con parte teórica pero tamén práctica, “para ver as cousas sobre o terreo contando coa colaboración de Cholo (Trevihost) que nos acompañará nas saídas”, explicou o profesor.

Artigos relacionados

Back to top button