ConcellosÚltima hora

A Veiga acollerá o I Encontro de Fotografía “Trevinca Starlight”

O curso desenvolveras entre o 30 de setembro e o 2 de outubro e estará impartido por tres fotógrafos
A presentación do curso contou coa presenza dos fotógrafos, Eva Díez e Fernando Rey; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e do alcalde da Veiga, Juan Anta.
A presentación do curso contou coa presenza dos fotógrafos, Eva Díez e Fernando Rey; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e do alcalde da Veiga, Juan Anta.

Programado como un campo de traballo creativo onde se cohesionan diferentes maneiras de ver a fotografía de paisaxe no seu concepto máis amplo, celebrarase na Veiga o I Encontro de Fotografía “Trevinca Starlight”.

A xuntanza, que se desenvolverá no 30 de setembro ao 2 de oututro, pretende que cada participante desenvolva a súa imaxe no entorno da Veiga co seu propio estilo, aplicando diferentes técnicas: da paisaxe; de fotografía nocturna; e a fotografía de natureza desde un punto de vista máis simbólico e desde a emoción, segundo explicou na presentación, Eva Díez, un dos fotógrafos que se encargarán do curso.

As actividades desta iniciativa formativa, comezarán o venres 30 de setembro ás 18 horas coa recepción dos participantes e, posteriormente, desenvolveranse as clases teóricas sobre a paisaxe na arte e a técnica da paisaxe, finalizando a primeira xornada cunha cea de confraternidade. Ao día seguinte, as actividades comezarán ás 7 horas cun obradoiro práctico, e continuarán con outro sobre paisaxe nocturna ás 10:30 horas. Pola tarde, ás 16 horas será a quenda para unha clase teórica sobre a técnica da paisaxe nocturna que rematará con dous obradoiros prácticos sobre o atardecer e a fotografía nocturna. Por último, o domingo,2 de outubro, daranse cita ás 10:30 horas para extraer as conclusións finais do campo de trabalho, penchándose o encontro cun xantar de clausura. O prezo da inscrición é de 300 euros “no que se inclúe todo”, afirmou o al calce da Veiga, Juan Anta.

Paralelamente, realizarase o I Concurso de Fotografía Destino Turístico “Starlight Trevinca”, cuxa temática xirará en torno á paisaxe da Veiga en xeral, tanto desde o seu aspecto natural como desde o seu aspecto persoal.

Artigos relacionados

Back to top button