ConcellosÚltima hora

A Veiga acondiciona dous parques infantís

O orzamento que se executará será de 37.904,07€ subvencionado ao 70% por AGADER, a través do GDR 7 de Valdeorras

Veñen de comezar as obras de mellora dos parques infantís dos núcleos de A Veiga e Valdín. “O asentamento dos elementos da zona de xogos, a renovación do peche e instalación de novos xogos, un parque infantil torre con trepador, tobogán, os columpios e balancíns, serán as actuacións principais do proxecto”, tal e como se informa dende o Concello. As novas instalación estarán preparadas para aguantar o uso continuado e o desgaste que provocan as inclemencias do tempo.

O orzamento que se executará será de 37.904,07€ subvencionado ao 70% por AGADER, a través da liña de financiación dos proxectos non produtivos do Grupo de Desenvolvemento Rural 7 de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button