ConcellosÚltima hora

A Veiga aposta por converterse en “Reserva Starlight”

Anunciábao o seu alcalde na apertura das III Xornadas AstroTrevinca que se desenvolven nesta fin de semana

“Temos un ceo coas mellores condicións do mundo e imos loitar por que A Veiga sexa Reserva Starlight nos vindeiros anos”. O alcalde da Veiga, Juan Anta, facía este anuncio na apertura das III Xornadas AstroTrevinca, que se desenvolverán do 2 ao 4 de setembro na Veiga. Hai pouco máis dun ano este concello ourensán lograba ser o primeiro destino Starlight galego e situarse entre os 14 mellores ceo do mundo, pero agora quere ir un paso máis aló.

Este é un dos novos proxectos nos que centrará os seus esforzo, pero haberá moitos máis, tal e como sinalaba o rexedor. E así o confirmaba tamén o coordinador das xornadas, Óscar Blanco, que era asemade o primeiro dos ponentes do programa na mañá do sábado 3 de setembro coa conferencia “Baixo a sombra da lúa”.

As xornadas inclúen outras catro conferencias, así como unha observación solar cun telescopio especial (H alpha) e, por suposto, observacións nocturnas dende o miradoiro estelas das Tablillas.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button