ConcellosÚltima hora

A Veiga creará unha marca de calidade para a súa carne

O Concello aposta pola gandeiría “tendo en conta a súa dimensión económica, social e medioambiental” no municipio
Imaxe dunha explotación gandeira./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe dunha explotación gandeira./ Foto: Carlos G. Hervella.

O desenvolvemento local a través da gandería será a “a liña principal de actuación” pola que apostará o Concello da Veiga, “tendo en conta a dimensión económica, social e medioambiental” desta actividade neste municipio ourensán de alta montaña. Así o asegura o seu alcalde, Juan Anta, que, despois de manter varias reunións cos gandeiros veigueses, vén de anunciar que o Concello ten previsto adoptar unha serie de medidas para impulsar este sector.

Unha delas será a concesión de subvencións aos titulares de explotacións gandeiras “do termo municipal de A Veiga para a utilización do tractor forestal destinado a desbroces en explotacións gandeiras. Considerando prioritario establecer unha alianza de conservación e desarrollo entre o Concello e a poboación local, que cumpre un papel esencial na conservación dos espazos naturais de montaña”, indica o rexedor. Asemade A Veiga recuperará o “o servizo da oficina de extensión agraria a través da presencia dun veterinario, que unha vez ao mes prestará información e tramitará as solicitudes que sexan precisas a tódolos gandeiros do municipio”, sinala Anta.

Por outra banda, prevese a creación dunha asociación de gandeiro na Veiga. “O Concello axudará de maneira permanente a conseguir que os nosos gandeiros teñan un maoir beneficio co seu traballo e de cara ao abaratamento e aforro de custes”, di o alcalde. Tamén se prevé a creación dunha marca de calidade para a carne producida “de cara a conseguir unha marca de calidade do produto local facilitando a venda posterior e a promoción dado que estamos ante unha das mellores carnes de Galicia”, segundo adianta Juan Anta.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button