DeportesÚltima hora

A Veiga, escenario da Grand Prix Race Edition 2016

A proba deportiva de habilidade desenvolveranse os días 24 e 25 de xuño
A proba será os días 24 e 25 de xuño.
A proba será os días 24 e 25 de xuño.

O Concello de A Veiga acollerá os vindeiros 24 e 25 de xuño a Grand Prix Race Edition 2016, unha proba deportiva de habilidade que consistirá nun circuíto de seis quilómetros con diferentes obstáculos naturais e artificiais. Tamén contará con probas de equilibrio, coordinación e habilidades de axilidade mental que os participantes deberán resolver contrarreloxo e coa axuda dos demais compañeiros de competición.

Haberá dúas categorías, por un lado promesa-junior e polo outro, adultos. En total repartiranse máis de 2.200 euros en premios, dos cales o gañador absoluto se levará 1.000 euros máis estancia dunha fin de semana nun Aloxamento de Turismo Rural de A Veiga para todos os integrantes do equipo. 500 e 250 euros se levarán os que queden en 2º e 3º posto, respectivamente, que serán tamén obsequiados coa estancia rural. E para o 4º e 5º clasificado, os premios serán en metálico, 150 e 100 euros respectivamente.

Na categoría de nenos, os premios constarán de material deportivo por valor de 200 euros para o colexio máis numeroso, material deportivo ao equipo de máis lonxe e agasallos aos tres primeiros clasificados.

Tamén se obsequiará con agasallos de productos típicos da provincia ao equipo máis afastado e haberá sorteos entre todos os equipos. Ademais, todos os participantes terán dereito a unha camiseta, unha medalla Finisher, aos avituallamentos correspondentes e ao seguro de accidentes.

Para participar no Grand Prix, é obrigatorio formar un equipo mixto de entre seis e doce integrantes, que representará ao lugar de residencia da maioría deles, dende un barrio a unha parroquia até unha cidade. As inscricións seguen abertas. Pódense facer a través do Concello ou na web http://www.elgrandprix.es/p/inscripciones.html.

Artigos relacionados

Back to top button