ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga lanzará unha marca para o mel de Trevinca

Os apicultores participaban nunha reunión convocada polo Concello na tarde do 4 de marzo para explicar esta iniciativa

O salón de actos do Concello da Veiga acollía na tarde do 4 de marzo unha reunión informativa cos apicultores da zona. A convocatoria, realizada dende o Concello, tiña como obxectivo dar a coñecer o proxecto no que está a traballar a administración local para potenciar a actividade apícola.

O alcalde veigués, Juan Anta, comentaba que xa está practicamente listo o Centro Apícola de Prada, que achegará formación técnica aos apicultores con residencia efectiva neste concello e, en especial, aos que se incorporan á actividade. Explicaba o seu funcionamento, tendo en conta que aportará formación, rexistro sanitario aos apicultores, un réxime especial de venda directa ou outra serie de beneficios. A cambio, destacaba, “non haberá ningún tipo de obriga”.

Tamén incidía en que A Veiga aposta pola creación dunha marca que ampare produtos de mel e derivados e en que dende o Concello realizaranse xestións de cara a comercialización dos produtos e a posibilidade de aportar subvencións aos produtores.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button