ConcellosÚltima hora

A Veiga quere ser un destino turístico starlight

O Concello vén de iniciar os trámites para a obtención desta certificación
Cartaz dunha da actividade das Bágoas de San Lourenzo na Veiga.
Cartaz dunha da actividade das Bágoas de San Lourenzo na Veiga.

Dúas serán as citas relacionadas co valor do ceo nocturno que se desenvolverán na Veiga en agosto. A primeira delas terá lugar o día 9 de agosto, da man da V Marcha Nocturna “Entre Lobos e Estrelas, camiñando pola noite a cima de Galicia, Pena Trevinca” (2.127 metros) que, aproveitando a lúa chea, pasará á beira das lagoas glaciares de Trevinca, as lagoas do Piatorta.

Ademais o 12 de agosto organizarase a II Xornada de Observación das Perseidas coñecidas coma “Lágrimas de San Lourenzo”, unha chuvia de meteoros de actividade alta, que terá lugar no mirador estelar de O Rañadoiro.

As persoas interesadas en participar podense poñer en contacto ca oficina de turismo do Concello da Veiga no 988350130 ou no enderezo electrónico turismo.aveiga@gmail.com

Tendo en conta actividades como estas e o valor que posúe o ceo da Veiga para este tipo de actividades, o Concello está vén de iniciar os trámites para a obtención da certificación de destino turístico starlight. “Os Destinos Turísticos Starlight son lugares visitables que posúen excelentes cualidades para a contemplación dos ceos estrelados e a práctica de actividades turísticas baseadas neste recurso”, aseguran dende o Concello da Veiga. E matizan que con esta iniciativa “con esta iniciativa preténdese promover o turismo estelar, apostando así polo turismo sostible nun espacio que xa conta ca protección da Rede Natura 2000”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button