En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga vibra ao son dos bombos e aixadas

Once folións participaban no encontro que poñía o broche de ouro ao Entroido

Moito cambiou o tempo en só catro días. Se o martes 13 de febreiro A Veiga acollía un desfile pasado por auga, hoxe, sábado 17 de febreiro, pechaba o Entroido cun gran encontro de folións celebrado nunha soleada tarde de inverno.

Pasadas as catro e media da tarde, o Fulión da Veiga (organizador da xuntanza) precedido polos Charrelos, un Boteiro e un Boi, comezaban o desfile polas rúas da Veiga. De seguido tocáballe o turno ao Folión de Buxán coas súas Máscaras, e despois varios do concello de Viana do Bolo (o Folión de Bembibre, o de Cabo da Vila, Penouta e Ramilo, Fradelo,…). Tamén participaron dous folións da comarca de Trives (Os Labregos e A Lardeira de Piñeiro); un da Gudiña (Carracedo da Serra); outro de Petín; e mesmo un de Vilariño de Conso (Mormentelos).

Un total de once folións, con máis de catrocentos bombos e aixadas que fixeron vibrar á localidade valdeorresa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button