ConcellosÚltima hora

Veigamuíños (O Barco) celebra esta fin de semana as festas de Santo Tirso

Unha churrascada abrirá o programa mañá venres 27 de xaneiro en torno ás nove da noite
Procesión de Santo Tirso o ano pasado.

Música, cultos e campionatos. Son os piares sobre os que se asentan as festas na honra a Santo Tirso que se celebrarán esta fin de semana en Veigamuíños (O Barco de Valdeorras).

Un ano máis, será a churrascada prevista para mañá venres día 27 a que marque o inicio dos festexos. Comezará en torno ás nove da noite e por 5 euros, os asistentes poderán degustar un menú a base de panceta, chourizo, pan, viño e café. A música correrá por conta do trío Florida, que actuará despois da cea. Para protexerse das inclemencias do tempo, en pleno inverno, a cea servirarse baixo unha carpa climatizada.

O sábado será o día central da festa coa procesión prevista para as 12:30 horas seguida da misa solemne. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Jerusalén, a mesma que actuará en sesión de tarde e verbena, facendo bailar a veciños e visitantes ata altas horas da madrugada. O sábado tamén haberá xogos para nenos e chocolate con doces por xentileza das Mulleres Rurais de Veigamuíños. A comisión porá unha colchoneta para os máis pequenos.

 

Sesión vermú na festa de Veigamuíños. /Foto: Carlos G. Hervella.

O domingo, 29 de xaneiro, último día das festas arrancará coa misa solemne na igrexa parroquial ás 13 horas. Ao rematar, a orquestra Garibaldi porá son á sesión vermú. E xa pola tarde, o mesmo grupo musical amenizará o baile, sen verbena. No descanso, celebrarase o sorteo de agasallos entre os que mercaron rifas, e tamén a entrega de premios dos diferentes torneos das festas: de fútbol sala, de tute e de dardos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button