ConcellosO BarcoÚltima hora

Veigamuíños (O Barco) honra ao seu patrón, Santo Tirso

 

Pouco a pouco vamse recuperando as celebracións, polo menos as relixiosas. Así, no mediodía deste sábado 29 de xaneiro a localidade barquense de Veigamuíños celebraba a festa na honra do seu patrón, Santo Tirso. A eucaristía comezaba ás 12 h. no interior da igrexa parroquial, á que asistían numerosos fieis, mantendo en todo momento as medidas de seguridade sanitarias.

Unha vez rematada a misa, o santo encabezaba a procesión polas rúas da localidade.

 

 

Tirso morreu no ano 251 en Sozopolis, Pisidia (antiga rexión de Asia Menor que ocupaba a maior parte da península de Anatolia, no territorio que actualmente corresponde a Turquía), debido á súa fe, durante a persecución de Decio.

 

 

Conta a tradición que soportou numerosas torturas e finalmente foi sentenciado a ser cortado en dous. Porén a serra non podía cortar a súa pel, e finalmente fíxose tan pesada que os verdugos non podían levantala. Así, despois de regañar ao gobernador romano Cumbricius, foi aforcado, e finalmente decapitado.

A imaxe de Santo Tirso que se conserva na igrexa parroquial de Veigamuíños no concello do Barco, está representada cunha serra de man e a palma de martirio, ollando cara o ceo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button