Malia que acostuma asociarse a Veigamuíños (O Barco) unicamente coa Festa do Santo Tirso, en xaneiro, o certo é que esta parroquia celebraba tamén antano outra festa no verán: a da Virxe das Neves.
Logo de moito tempo sen organizarse, este ano o cura de Veigamuíños e a veciñanza decidían recuperar esta antiga celebración, que que desenvolvía nesta fin de semana.
Na xornada deste domingo 7 de de agosto, a partir das 11h. tiña lugar a procesión coa imaxe da Virxe das Neves, seguida da misa. Despois algúns dos veciños desta localidade barquense reuníanse para xantar no local coñecido como “O Alambique”. E neste xantar festivo non faltaba, por suposto, unha sobremesa moi especial a base de tartas.
Fotos cedidas.