ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Veigamuíños saca en procesión ao seu patrón, Santo Tirso

 

A localidade barquense de Veigamuíños celebra o 28 de xaneiro o día grande das súas festas na honra de Santo Tirso, que comezaban xa o venres día 27. Dende as dez e media da mañá celebrábanse misas na súa igrexa, se ben o acto relixioso central era a procesión coa imaxe do santo, que partía dende o tempo ás 12:30h. De seguido tiña lugar a misa maior.

E tras os cultos relixiosos, terá lugar unha sesión vermú a cargo da orquestra Jerusalén, a mesma que actuará tamén na sesión de tarde e na verbena. Non faltarán tampouco pola tarde actividades lúdicas para nenos e maiores.

Fotos: Ángeles Rodríguez

 

Artigos relacionados

Back to top button