EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Veigamuíños-Tremiñá sente de novo o medievo

Esta localidade barquense celebra nesta fin de semana o seu XIV Mercado Medieval

Dende doces, froitas e pan ata libros, bisutería ou prendas de vestir. As rúas de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco) retrocen séculos no tempo para recrear, un ano máis, o seu Mercado Medieval na fin de semana do 8 e 9 de xullo. Uns 70 postos poboan as súas rúas, en medio dunha atmósfera medieval que contaxia aos visitantes.

Ademais o programa da mostra inclúe diversas actividades como demostracióin de oficios tradicionais (fiada cestería e palilleiras), xunto con xogo de bolos e actuacións musicais como a das Pandereteiras de Veigamuíños.

O programa deste XIV Mercado Medieval continuará na tarde do 9 de xullo, intre no que os postos, entre os que non falta o dun bruxo, voltarán a abrir as súas portas. Haberá asemade ás 20:30h. demostración de malla e criba e a actuación do grupo Pándega.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button