ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Velorio, procesión, queima e merenda no Enterro da Sardiña na Rúa

A posta en escena correu un ano máis por conta de A Rúada e os bocadillos de sardiña por conta do Concello

 

Malia pasar o Mércores de Cinsa, A Rúa non despedíu aínda ao Entroido. De feito o desfile de comparsas e carrozas, acto central da festa neste municipio valdeorrés, non se celebrará ata o sábado (foi aprazado polo falecemento dun veciño), pero o que si mantivo foi o Enterro da Sardiña.

Un ano máis o tradicional e festivo acto comezaba co velorio no adro da igrexa de Santo Estevo, continuaba coa procesión pola Rúa Vella e remataba coa queima da sardiña na praza César Conti. Entre berros, choros, sermón e anacos de bica e torta de roxóns, numerosos veciños seguiron a parodia posta en escena por A Ruada. Entre os personaxes: as choronas, o crego e o bispo.

 

Queima da Sardiña e dos Compadres na praza César Conti.

 

Tralo percorrido pola Rúa Vella que era seguido por numeroso público, o Enterro da Sardiña remataba na praza coa queima dos bonecos (sardiña de trampo e Compadres) e posterior degustación de viño e bocadillos de sardiña por xentileza do Concello.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button