CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Velusa actúa mañá na segunda fase de “Recantos de Ouro” no Luar

A cantante, residente en Castro Caldelas, representa a Portugal Norte no programa da TVG

Velusa Carvalho.

 

Galega pola parte paterna e portuguesa pola materna, Velusa Carvalho (residente en Castro Caldelas) é recanteira no programa Luar da Televisión de Galicia representando a Portugal Norte. Foi seleccionada este ano como concursante en “Recantos de Ouro”, unha edición especial na que recompilaron recanteiros dende a primeira ata a novena edición (nesta foi na que concursou o ano pasado, repetindo experiencia de novo este ano), e mañá día 3 de xaneiro actuará xa na segunda fase do concurso.

O mundo musical está vencellado a ela dende cativa, formando parte de Os Trabazos, un grupo de música tradicional que leva consigo a arte e a historia musical dos seus antepasados, os que Velusa leva nas súas cordas vogais por iso ten esa música na voz. Ademais é integrante do Folión O Irrio de Caldelas, sendo membro da directiva de ambos grupos aos que pertence. O seu ser sen música non tería sentido e na actualidade é ademais compoñente do dúo Velmon xunto con Montse Gómez.

 

Artigos relacionados

Back to top button