CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Velusa está xa na terceira fase do concurso musical do Luar “Recantos de Ouro”

A recanteira residente en Castro Caldelas actuará este venres 21 de febreiro representando a Portugal Norte

Velusa Carrvalho.

 

Velusa Carvalho (galega pola parte paterna e portuguesa pola materna e residente en Castro Caldelas) é unha das cantantes seleccionada este ano como concursante en “Recantos de Ouro”, unha edición especial do certame do programa Luar, representando a Portugal Norte, e este venres día 21 de febreiro volverase a subir ao escenario da Televisión de Galicia.

A recanteira galego-portuguesa atópase xa na terceira fase do concurso, chea de emoción e ilusión, ambas cualidades que definen a esta xove que transmite gran naturalidade e paixón sobre o escenario.

 

Artigos relacionados

Back to top button