CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Velusa volve actuar no escenario do “Luar” este venres

 

A cantante Velusa Carvalho, galega por parte paterna e portuguesa pola materna, volverá subirse mañá venres, 12 de xuño, ao escenario do programa televisivo “Luar” para deleitar coa súa voz e simpatía ao público. Velusa, residente en Castro Caldelas, é unha das dez finalistas do concursante en “Recantos de Ouro”. Participa representando a Portugal Norte.

Velusa chega á última fase deste concurso da televisión galega, xa que o ano pasado en “Recantos” chegou á semifinal, sendo unha das catro voces máis destacadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button