ConcellosEn portadaÚltima hora

Vendidas as 1.150 entradas para o xantar do botelo no Barco de Valdeorras

O programa de RNE5 “Degustar España” emitirá en directo dende o Teatro Lauro Olmo ás 12h.

 

Unha hora e catro minutos. É o tempo que o Concello do Barco tardou este ano en vender as 1.150 entradas para a o xantar popular da XX Festa do Botelo que se celebrará o vindeiro sábado, aínda que a prevenda remataba xa dúas horas antes.

Na mañá do 11 de xaneiro, data para a venda das entradas desta edición do Botelo, houbo quen madrugou moito no Teatro Lauro Olmo. Para ser exactos, o presidente do Cineclub Groucho Marx, José María Rodríguez lavaba alí dende as cinco e media da madrugada xa que un ano máis proxectábase un filme para facer máis levadeira a espera. Con respecto ás entradas, a prevenda remataba ás oito e cuarto da mañá aínda que non era ata as nove cando se abría a venda oficialmente.

Para evitar problemas e que xente levara máis entradas das reservadas, seguiron un rigoroso rexistro e sen grandes aglomeracións, ás 10:04 da mañá vendíase a última entrada dispoñible.

 

Preparativos para a emisión en directo do programa de RNE5 “Degustar España”.

 

E mentres o alcalde do Barco Alfredo García e as concelleiras de Cultura Margarida Pizcueta e Xardíns Cristina Domínguez, xunto ao propio José María, facían reconto, no interior do teatro preparábase o programa de RNE5 “Degustar España” presentado por Manuel Moraga que emitirá en directo hoxe ás 12h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button
Close