EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Vendima 2.0. na D.O. Valdeorras

Unha app permitiralle ao consello regulador monitorizar os datos na vindeira colleita
Labores de vendima na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Salto ao mundo dixital na vindeira colleita en Valdeorras. O número de quilos recollidos, datos por variedades, zonas… serán monitorizados nesta denominación de orixe en tempo real grazas ao desenvolvemento dunha app específica para o seu consello regulador. O anuncio facíao o presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García, tras o pleno celebrado o 17 de xullo.

“Coa habilitación desta aplicación, o Consello Regulador experimenta un salto cualitativo posto que diferentes procedementos administrativos relacionados coa vendima que ata o de agora se realizaban de xeito analóxico, pasan a dixitalizarse”, indica García Pando.

A nova app, que será presentada proximamente aos adegueiros, posibilitará fomentar o proceso de transformación dixital no seo do Consello Regulador. A empresa que se ocupou de desenvolvela ofrecerá formación sobre o seu emprego a todos os membros do sector vitivinícola valdeorrés, posto que o seu uso será obrigatorio na próxima campaña, segundo se informa dende o consello.

Xunto a isto, o pleno deste órgano réctor aprobaba o procedemento de auditoría de vendima e as normas da vindeira campaña para vedores, adegas e explotadores, que sofren lixeiros cambios para adaptarse aos requirimentos esixidos por ENAC. “Destas novas normas informarase tamén, proximamente, polo
miúdo aos membros do eido vitivinícola de Valdeorras”, afirmou García Pando.

Artigos relacionados

Back to top button