EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Vendima histórica na D.O. Monterrei que supera os 6,2 millóns de quilos de uva

Publicidade
Viñedos na D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

 

A Denominación de Orixe Monterrei vén de concluír a vendima 2021, alcanzando de novo unha colleita histórica, con 6.231.057,5 quilogramos de uva. A campaña de vendima 2021 finalizaba cuns “excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao aumento paulatino que foi vivindo a nosa base territorial”, indica a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “xa que se volveu a lograr un máximo histórico, superando en máis de medio millón de quilogramos á campaña 2020, ata o de agora a máis exitosa”.

Con respecto á cifra de variedades vendimadas, colleitáronse 4.229.604,1 quilos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.001.453,4 quilos. A presidenta da D.O. tamén quixo destacar que “nos atopamos ante un vendima atípica climatolóxicamente falando, pero na que viticultores e adegueiros traballaron duro para que o froito entrase cun estado óptimo nas adegas, o que agardamos se traduza na calidade duns viños que sigan recibindo distincións e, o que é máis importante, o recoñecemento dos consumidores”.

A campaña de vendima comezaba o 6 de setembro, coa adega Pazo das Tapias e remataba o 15 de outubro, sendo as adegas Quinta do Buble e Trasdovento as últimas en pechar o período de recolección de uva.

Artigos relacionados

Back to top button