EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Vendima, tempo de enoturismo

Detalle dunha cepa.
Detalle dunha cepa.

Setembro é un mes de colleita para os viticultores ourensáns. Ademais, dende hai uns anos, é unha tempada de visitas e de actividades vencelladas ao chamado turismo do viño. Entre elas están as promovidas por Enoturismo Galicia que prepara xa dúas actividades de cara a esta vendima: “Mergúllate na Vendima” e “Vendima e crea a túa propia experiencia sensorial”.

En ambos obradoiros plantéxase unha viaxe interactiva “onde os adultos e os nenos aprenden de onde proceden as uvas, como se coidan e como se transforman en viño de forma natural”, segundo explican dende Enoturismo Galicia. Inclúese un percorrido polo proceso da uva: recolección, elaboración do mosto….. Ademais dunha cata de uvas, mostos e vinos, entre outras propostas. O prezo da inscrición é de 20 euros por persoa no caso de “Mergúllate na Vendima” e de 25 euros por persoa na de “Vendima e crea a túa propia experiencia sensorial”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button