En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A vendima valdeorresa entra na súa semana clave

Calcúlase que os labores de recollida de uva nesta denominación rematarán ao longo da semana do 10 de outubro

Dúas adegas abrían o pasado 12 de setembro a campaña de vendima na Denominación de Orixe Valdeorras. Dende entón ata agora estímase que se teñen recollido máis de 3,5 millóns de quilos de uva. Tal e como adiantaba xa en setembro o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, espérase unha diminución de colleita con respecto ao pasado ano debido á meteoroloxía tendo en conta as fortes choivas da primavera, que provocaron a aparición de mildiu, así como á pedra caída no verán. Pese á baixada na cantidade, o que si se confirma é a boa calidade que presenta a uva.

Nesta primeira semana de outubro a meirande parte das adegas da denominación están en plena recollida de uva, polo que se estima que será ao longo da vindeira semana, a do 10 de outubro, cando se complete a campaña deste ano nesta zona vitivinícola ourensá.

Nesta galería poden verse diversas imaxes de vendima en diferentes adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button