EconomíaEconomíaÚltima hora

Venres de descontos na Rúa

Seis establecementos participan este ano na campaña promocional de AEVA

 

Hoxe é día de rebaixas na Rúa. Dende primeira hora da mañá seis establecementos comerciais da vila ruesa participan na VII edición da campaña promocional de AEVA, con descontos do 20% en todos os artigos. Flores, roupa deportiva e de vestir, telefonía móbil ou lencería son algúns dos artigos que poderán mercarse a prezo reducido en Agrival, Deportes Aris, Mercería Raquel, Confecciones Rosendo, Fíos e Arnaveca Comunicación.

Igual que na edición do ano pasado, a promoción aplicarase durante toda a xornada, ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite para non interferir na actividade dos negocios de hostalaría.

Ademais, os clientes que fagan compras hoxe deixarán o ticket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button