ConcellosÚltima hora

Verín abre a Batucada 2017 cunha xornada adicada á música electrónica

Viktor Flores, Jose Malaguita, Fon Kid, Southear, Mind Archives e Igor. B pincahrán este venres 28 de xullo

A praza García Barbón de Verín acollerá este vernes 28 de xullo o comezo da Batucada 2017 cunha sesión de música electrónica, a “Batucada electrónica” que arrancará ás 19:30 horas e, cun descanso de media hora, rematará ao redor das 3 horas da madrugada do sábado.

Nesta edición da Batucada, o Concello programa actividades diferentes dirixidas a todos os públicos, “A Batucada é unha festa viva e en constante renovación, por iso, desde a concellería de Cultura cada ano introducimos novidades”, explicou a concelleira de Cultura, Emila Somoza na presentación. Entre estas novidades destaca a festa electrónica cuxo obxectivo é abrir de novo unha porta a un tipo de música que sempre estivo presente na nosa vila, pero que cos anos foi perdendo forza. “Pretendemos levantar a de novo a curiosidade cultural sobre o xénero, chegar a xente coa historia que hai detrás de cada sesión, que se forma entre cada mezcla” explicou Somoza. Os artistas Igor B e Mind Archives (19:30 a 22 horas) forman parte do elenco da primeira parte do evento e pechan o cartel Viktor Flores, Malaguita, Fon Kid e Southear (23:30 a 3 horas).

 

A concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, na presentación da Batucada 2017.

Como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada na tarde do sábado 29 e ás 17:30 horas celebrarase na praza García Barbón, coa animación a cargo de ENJOY – Disco Móbil Jorge, a “Festa da escuma e da auga”. Ás 19 horas, comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola rúa Lisa, Avenida de Portugal, Montemaior, Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza da batucada Xituma Batuke chegada dende Xinzo de Limia.

Xa por último, o grupo Garibaldi, cun espectáculo de acrobacias e dous compoñentes de orixe verinés, chegan o sábado pola noite a Verín para ofrecer unha entretida velada na praza a partires das 00:00 horas.

Emilia Somoza fixo especial fincapé en que “este ano, reduciranse as horas de auga por mor da seca que estamos sa sufrir. Sabemos que a auga é o espírito principal desta festa e manteremos un mínimo de litros para que os asistentes podan gozar desta popular celebración. Sempre priorizando, coma non podería ser de otra maneira, o noso compromiso co medio ambiente”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button