ConcellosÚltima hora

Verín acolle unha Xornada de Ríos Transfronteiriza

Tiña un carácter formativo e informativa e centrábase en aspectos planificación e competenciais relativos á auga na denominada Eurorrexión Chaves-Verín
Algunhas das autoridades asistentes ao acto inaugural da xornada en Feces de Abaixo (Verín).

A planificación hidrolóxica e a xestión hidráulica na parte portuguesa da demarcación do Duero; as actuacións en cauces na provincia de Ourense ou o marco xurídico e competencial en materia de augas son algunhas das cuestións que se analizaban na mañá do 2 de febreiro na xornada de Ríos Transfronteiriza que a Confederación do Duero celebraba en Feces de Abaixo (Verín).

Esta iniciativa, na que colaboraba a Administración Hidrográfica do Norte de Portugal, estaba dirixida a alcaldes, concelleiros, secretarios e técnicos municipais dos concellos de Ourense e das cámaras portuguesas da conca del río Támega e doutros afluentes do Duero compartidos por ambos países.

Acto inaugural da xornada de ríos transfronteiriza.

No acto inauguración da xornada participaban os responsables municipais de Chaves e de Verín, o presidente da Confederación Hidrográfica do Duero, o subdelegado do Goberno en Ourense e o director da Administração Hidrográfica do Norte de Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button