CulturaCulturaÚltima hora

Verín afonda na importancia das Irmandades da Fala

Xosé Antonio Gómez, natural de Monterrei, abordará este tema nunha conferencia que impartirá na Biblioteca Municipal o 17 de marzo

 

irmandades

 

Coincindo co ano no que se celebra o centenario das “Irmandades da Fala” (1916-1931), a Biblioteca Pública Municial de Verín organizará unha conferencia que abordará a historia e importancia desta organización nacionalista galega, da que formaron parte persoeiros como Antón e Ramón Vilar Ponte, Xohán Vicente Viqueira, Ramón Cabanillas, María Miramontes, Xaime Quintanilla, Otero Pedrayo o Vicente Risco. Esta entidade levou a cabo actividades políticas e culturais en Galicia.

Esta ponencia, programada para o  vindeiro 17 de marzo ás 19:30 h. na biblioteca, será impartida polo catedrático e investigador Xosé Antonio Gómez Segade, natural de Medeiros (Monterrei).

 

Artigos relacionados

Back to top button