ConcellosÚltima hora

Verín comeza a sexta fase do Plan de Rehumanización da Vila con catro actuacións simultáneas

A reforma da Praza da Alameda ou a construción dun novo punto de recollida de lixo son algunhas das actuacións que se levarán a cabo

A sexta fase do Plan de Rehumanización da Vila de Verín comeza con doce operarios municipais, os cales xa están traballando. Este plan consiste na mellora integral da contorna da Praza da Alameda, a dotación dun novo punto de recollida de lixo, a reforma da Praza do Concello e a ampliación das beirarrúas nas avenidas de Laza e Castilla e na ría Luis Espada.

 

Durante os traballos. 

 

O alcalde do municipio, Gerardo Seone explicou que as obras “están destinadas a modernizar a trama urbana da cidade e mellorar as infraestruturas da nosa vila”. Así, a contratación dos peóns e albaneis que están a traballar no plan foi posible grazas ao convenio asinado pola concellería de Recursos Humanos e Réxime Interior do Concello de Verín, dirixida por Rosario Rodriguez e o INEM.

 

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button