ConcellosÚltima hora

Verín convoca o certame para elixir o cartaz do Entroido 2017

A data límite para presentar os traballos é o 9 de decembro e o premio está dotado con 600 euros

cart1

Quedan aínda meses por diante, pero Verín xa vén de poñer en marcha a organización do seu Entroido. O Concello convocaba o 5 de outubro un concurso para seleccionar o cartel oficial desta celebración tradicional. Está aberto a creadores nacionais e estranxeiros e os traballos só poderán presentarse nun único formato único que será “vertical con tamaño de 50 x 70 cm (non servirán formatos proporcionais). Presentaranse montados sobre un bastidor ríxido. Non existirán límites de tintas nin técnicas. No caso de que a obra sexa presentada con sistemas informáticos, aportarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, o correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e no seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas”, segundo se establece nas bases do certame.

Ademais o cartaz imprimirase en offset e deberá levar como único texto “ENTROIDO 2017-VERÍN. 16, 19, 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional”. A data límite para a presentar os traballos é o 9 de decembro de 2016 “No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín”, citando de novo as bases.

A temática será libre de elección e interpretación do autor “debendo recoller o espírito entroideiro de Verín”. O premio terá unha dotación económica de 600 euros.

Máis información:
http://www.verin.es/index.php?option=com_content&view=article&id=3905:convocatoria-do-concurso-cartel-oficial-do-entroido-2017&catid=1:latest-news&Itemid=61

Artigos relacionados

Back to top button